NOVAVISIÓN

INTERIORISMO LOCAL COMERCIAL

A Estrada

2020 -> FINALIZADO

A reforma do local para o seu uso como óptica fundamentase en dous principios:

Por un lado, dotar á gafa do protagonismo que merece, deseñando mobles e puntos de exposición que independicen cada produto e o potencien.

Segundo, facilitar e mellorar a experiencia de usuario e de compra a través dun recorrido serpenteante que de forma secuencial nos leva ás diferentes zonas de exposición de gafa.

Na parte traseira do local debuxase unha xeometría quebrada que permite unha delimitación espacial en dúas metades ao tempo que recolle as entradas aos gabinetes de optometría.

Todo este concepto materialízase a través de panos pintados en branco que proporcionan neutralidade e centran a atención na gafa; mobiliario de madeira de pino que transmite a compoñente orgánica e natural; e detalles e elementos en metal para aportar unha referencia sutil ao mundo industrial.