DAN-i-RIA

REFORMA VIVENDA EN EDIFICIO

Santiago de Compostela

2018 -> EN CONSTRUCCIÓN

Reforma integral dunha vivenda no casco histórico de Santiago de Compostela.

Tras unha operación de vaciado espacial, pásase dunha distribución moi compartimentada de pequenas dependencias a un espazo diáfano con maior presenza de luz e conexión entre as diferentes zonas da vivenda.

A liña de deseño tende cara un minimalismo elegante a base de panos brancos e acabados en madeira, pero á súa vez confronta con elementos puntuais que se rescatan do seu camuflaxe na anterior vivenda e se poñen en valor ao mostralos en formigón visto de obra.

A compoñente enerxética é punto principal na formulación da vivenda, tanto dende o punto de vista do equipamento, como da rehabilitación de elementos de fachada para gañar en confort térmico.